Día triste para o mundo do mar en Camariñas o deste mércores 20 de setembro de 2017. Un dos sus máis sinalados mariñeiros durante estas últimas décadas, Don Jose Luis Campaña Blanco, pertencente á lexendaria dinastía dos Perrúa, falecía no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee aos seus 69 anos. A terrible enfermedade que dun tempo a esta parte se fixera forte no seu corpo agravouse esta semana ata provocar este triste desenlace que acaba ca vida dun dos clásicos mariñeiros de raza camariñáns, integrante por dereito propio desas antigas xeracións de pescadores da Vila dos Encaixes que asombraron ao mundo e legaron o seu bo facer ás actuais xeracións, as cales gracias ás indicacións dos seus maiores e un traballo duro fan do noso porto o principal da Costa da Morte. Os seus restos mortais serán velados no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín de onde este xoves 21 sairán ás 16:45 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo. Só nos resta confortar e enviar o noso máis sentido pésame pola morte desta boa persoa, gran mariñeiro, á súa esposa Florinda e aos seus fillos José Manuel, Mari, Javier, Eva e Noela e animar a todo o pobo de Camariñas a apoiar á familia nestes duros momentos. Pepe de Perrúa, Descansa En Paz e que Deus che acolla no seu seno.
O Lubina, barco mítico que foi propiedade da dinastía dos Perrúa de Camariñas
O Lubina, barco mítico que foi propiedade da familia Perrúa de Camariñas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.