Cando un vive e sinte Camariñas no seu corpo e na súa alma non cabe mellor ledicia que a de desfrutar un día do Carmen cos seus compatriotas. Xentes de todas as idades e de todas as condicións, todos Camariñáns con maiúsculas, puderon vivir este domingo 16 de xullo de 2017 o fervor e o orgullo de sentirse Camariñán. Nun día soleado, despexado e con unha suave brisa do nordés comezaba a dar os seus primeiros pasos a Danza de Arcos na Praza de Insuela cara a Capela do Carmen. Alí os esperábamos os de sempre para acompañar aos danzantes ata a praia. Xa chegados a capela houbo tempo para o descanso, pero máis do debido por mor de que os danzantes tiveron que agardar a chegada dunha tal directora de non sabemos qué cousa, que viña a facer o paripé dende as oficinas de San Caetano. Mentras tanto, os rapaces da Danza de Arcos (estes sí con maiúsculas) tiveron a bondade de esperar ata que esta xerifalte chegara á Vila das Palilleiras. Todo a conta de que algúns quedaran ben diante dos seus superiores de partido. Unha vez superado o ínterin político os chavales da Danza de Arcos non tiveron nen un minuto para descansar ao chegar á Igrexa de San Xurxo.

Polo demáis, todo aconteceu como era de esperar: unha veciñanza volcada na procesión do Carmen e unha Danza de Arcos que o dou todo para agradar aos seus veciños e render o tributo merecido á Patroa dos Mariñeiros. Xa chegados á Lonxa Vella foi tempo da misa de campaña onde o noso novo cura párroco Don Eduardo nos deleitou cunha homilía propia dos máis sabios Pais da Iglesia. Despois chegou a hora de levar en procesión a Virxen do Carmen polos mares da Ría de Camariñas ata Muxía a bordo da flamante embarcación "Casal Novo" propiedade da familia xerente dos Talleres Unión, na Carretera do Faro. Alí foron embarcadas as autoridades xunto con gran cantidade de público que abarrotaba a rampla da Lonxa Vella.

A Danza de Arcos foi, coma sempre, no mítico barco camariñán Lago Dos patroneado polo noso querido amigo Carlos de Lin. Tempo haberá para renderlle a homenaxe que merece este gran mariñeiro camariñán que ano tras ano non falla ao seu pobo e leva en volandas á Danza de Arcos por mar ata Muxía. E así, queridos amigos e lectores de Camarinas.eu transcurreu este día do Carmen 2017. Non temos máis que deixarvos co video que preparamos para todos vos para conmemorar o Día Grande de Camariñas. Viva o Carmen!

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.