Camariñas colmouse de xúbilo mariñeiro este sábado 15 de xullo, véspera do Carmen, ao ver como os máis pequenos da vila aseguraban a unha das tradicións máis enraizada da nosa cultura popular. Os neniños do campamento que organiza todos os veráns o Concello de Camariñas, encheron de colorido e tradición mariñeira as rúas de Camariñas cos seus bailes na miniprocesión do Carmen da que foron protagonistas. A eso das 11 da mañá desta soleada véspera do Carmen comezaban a dar os primeiros pasos todos os nenos do campamento ata chegar ata a lonxa vella, onde desembarcaban a xa chamada por todos os veciños da vila Virxiña dos nenos de Camariñas para levala en volandas ata a Casa do Concello. Alí os esperaba o alcalde Pichurri xunto co Antonio Puertas, encargado de presentar ao pregoeiro deste Carmen 2017 Marcial Mouzo. E alí foi o momento de que os nosos nenos descansaran e repoñeran forzas cos seus bocadillos e refrescos. Acto seguido, baixo un sol veraniego que nos envolvía, tomou a palabra o noso querido usuario e colaborador desta web Antonio Puertas "Beldoña" que presentou a Marcial Mouzo Vidal, pregoueiro de luxo para esta edición da Festa do Carmen de Camariñas 2017.

Despois de celebrar o emocionante pregón do exitoso locutor radiofónico Camariñán chegou o momento de retomar os arcos e encaramarse outra vez cara ao paseo marítimo da vila para render a homenaxe ao noso cura párroco Don Jesús Nieto recentemente falecido. Alí, frente á estatua da súa querida e benerada Virxen do Carmen, foi colocada unha imaxe de Don Jesús en memoria do amor que todo o pobo procesaba por él. Un emocionante recordo que esperemos sea culminado coa consecución do tan esperado busto conmemorativo do noso querido Don Jesús.

E para rematar a faena dunha mañán esplendorosa chegaron os bailes finales de todos os rapaces do campamento que acompañaron coa súa Danza de Arcos a Virxiña dos nenos de Camariñas ata a Capela do Carmen onde a deixaron descansar ata mañán, día Grande de Camariñas e orgullo mariñeiro de todo un pobo. Viva Camariñas, viva o Carmen!

PD: E como non podía ser doutro xeito, aquí en Camarinas.eu queremos volcarnos coa nosa festa e publicamos hoxe un completo reportaxe de todo o que aconteceu nesta espectacular mañá de véspera do Carmen 2017.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.