Fieis ao seu compromiso de ofrecer a tódolos camariñáns unha Festa do Carme mellor cada ano, en constante in crescendo, a Comisión de Festas da man de Camarinas.eu presenta en sociedade o Cartel 2017. Fruto dunha colaboración desinteresada entre ámbalas partes, cun traballo no que o noso Director e fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire foi a buscar nos océanos da historia as imaxes que ilustren unha tradición centenaria, os veciños da Vila das Palilleiras xa están en condicións de presumir da que é dende hai uns anos a mellor festa sen discusión de todo o Arco Atlántico. Un prorama de actividades completo e acabado, sen resquicio algún ao descanso e ao aburrimento, e que encherá de ledicia e cor as rúas dunha vila mariñeira ancestral. Avecíñanse días movidos, nos que o corpo non atopará reposo e no que os sentidos serán estimulados pola mellor música, pola tradición da Danza de Arcos, por ceos acribillados polos máis explosivos fogos de artificio, polo placer en definitiva que lle supoñe aos camariñáns reencontrase durante catro días consigo mesmos. Eso será a partir do sábado 15 de xullo cando unha miniprocesión dos cativos do Campamento do Concello inicie a máis grande ocasión festiva que viron os séculos na Costa da Morte. Porque ese día será cando Camariñas recolla o testigo que lle entregue Pamplona, ca finalización das Festas de San Fermín o día anterior, como o principal epicentro festeiro de España. E eso queridos camariñáns é moito decir, porque sen dúbidas vivimos a nivel de festas (e en xeral a tódolos os niveis) no mellor país do mundo. ¡¡¡Viva a Festa do Carme e Viva Camariñas!!!

Cartel do Carmen de Camariñas 2017

Cartel do Carmen de Camariñas 2017 por Diego Alonso Freire
Cartel do Carmen de Camariñas 2017

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.