Dende haberá aproximadamente un mes o pico e a pala volveu facerse forte en Camariñas. A tan escasa obra pública, reinante noutras épocas douradas, esa mesma que levou á paupérrima ruina a tanta empresa de construcción, a que converteu fantasmadas do pasado en risible recordo e lamentable ridículo, amén de importantes manadas de débedas impagadas a bancos e particulares, retorna a Camariñas. E retorna nun barrio un tanto estrano e claramente diferenciable dentro do viario camariñán: ese conxunto de rúas denominado a Cruz de Cedeira. Nome precioso que ve como de un tempo a esta parte operarios, máquinas e saber facer do noso amigo constructor José Martínez Rial traballan alí para dotar a esta arteria do seu adecuado lustre e esplendor. Obras que consisten nunha importante renovación da barriada en toda a súa mplitude: tubería de pluviais e novo saneamento, renovación de todas as acometidas do servizo de subministro de auga potable, novo pavimento de formigón e agora está en estudio unha modificación de obra consistente no soterramento do tendido eléctrico para  aquel día, hipotético, lonxano, posiblemente utópico, no que as multinacionais no sector teñan a ben cumprir as súas obrigas e proceder a correr cos custes dun tendido subterráneo. Polo menos que ahí lles quede todo listo. E todo elo, a reserva de calquer mellora, por un importe de 50.797,13 €.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar