Aos seus 45 anos foise para sempre o noso querido amigo Benjamín

Cara ás 8 da mañán deste venres 5 de abril de 2013 no Centro Oncolóxico de Galicia “José Antonio Quiroga y Piñeyro", o antigo e histórico Hospital de Beneficiencia Municipal Labaca da Coruña, con vistas á ría da cidade herculina, falecía o noso querido amigo Benjamín Pasantes Tedín. Facíao a unha edade relativamente temperán, aos seus 45 anos, como consecuencia do cancro fatal que despois de facerse forte no corpo deste camariñán de toda a vida acabou de extenderse polo mesmo desencadeando o triste suceso que dende está mañán aflixe aos veciños de Camariñas. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo en espera de emprender o seu camiño final cara a vila que o vío nacer na tarde deste sábado onde ás 15:00 horas terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo o seu funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu as nosas máis sinceiras condolencias cara a familia e amigos deste novo camariñán que se nos vai víctima dun cancro, o gran mal do noso tempo. Benjamín, amigo, Descansa En Paz e que Deus che teña na súa Gloria. D.E.P.

Comentarios   

Neo82
+4 # RE: Benjamín Pasantes Quiza D.E.P.Neo82 05/04/2013 17:27
Me quedo sin palabras, ando pola mesma idade e se supoñe que estamos no mellor da vida, acontecementos asi fan reflexionar moito, DEP Benjamin.
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
+3 # RE: Benjamín Pasantes Quiza D.E.P.corvo 05/04/2013 19:34
D.E.P. BENJAMIN
Responder | Denunciar ante o administrador
elenablanco
+3 # RE: Benjamín Pasantes Tedín D.E.P.elenablanco 05/04/2013 20:40
D.E.P BENJAMIN muitos animos a familia
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Benjamín Pasantes Tedín D.E.P.Beldoña 05/04/2013 22:04
Descanse en Paz, Benjamín, e, o meu sincero pésame a súa familia.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: Benjamín Pasantes Tedín D.E.P.jose de marta 06/04/2013 09:53
D.E.P Benjamin e dios che teña na gloria vesiño meu de toda a vida.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de rubianes
+3 # benjaminjose de rubianes 06/04/2013 11:05
Esperaba verte este verano proximo,para enseñarte algunas palabras, no quiso Dios.
Responder | Denunciar ante o administrador
marcos  rubianes
+2 # sinto moitomarcos rubianes 07/04/2013 13:06
Benjamín. coñezoche desde cativos. Sempre quiséchenos ben ó meu irman François, ó meu primo José Mario e a min.
No noso recordo quedarás para sempre, "Beauty"
Responder | Denunciar ante o administrador
Jose Mario
0 # DEPJose Mario 07/04/2013 16:17
Buenos amigos desde muy pequeños. Siempre te recordare.
Responder | Denunciar ante o administrador
Marco do Italiano
+3 # BenjamínMarco do Italiano 07/04/2013 16:25
Benjamín, siempre en mi corazón.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # RE: Benjamín Pasantes Tedín D.E.P.rubiasexy 08/04/2013 18:20
sinto na miña alma dios cheteña na gloria carmen carril
Responder | Denunciar ante o administrador
jose benito
0 # Asta sempre meu hirmau cuida da nosa nayjose benito 14/04/2013 16:58
Asta sempre meu hirmau cuida a nosa may e que dios os teña da gloria teu hirmau que nunca che olvida
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar