Un ano máis, a cabalo dun calendario especialmente complicado, tiveron lugar impecablemente as Festas na honra do Santo Patrón do Concello de Camariñas. Tiveron que competir ao longo de catro días cas celebracións da Semana Santa, cas da XXI Mostra do Encaixe e cas da Virxe do Monte, pero finalmente cada un buscou o seu oco e houbo tempo para todo. Especialmente inquietos os corazóns buriáns volcáronse con tódolos actos adicados a San Xurxo e así durante as procesións de domingo e luns un hervideiro de veciños maiormente provinte das partes altas da parroquia da Vila das Palilleiras inundaban o atrio eclesial así como os arredores da Praza de San Xurxo. Vestidos cas súas mellores galas, henchido o corazón co seu mellor ánimo, celebrouse conforme á tradición os días máis importantes do ano no Distrito de Buría. Despois de cumprir co sagrado rito que inaugurara hai máis de 200 anos un natural do Cotro, D. Domingo Antonio Rodríguez Canosa, xa habería tempo para desparramarse a multitude festeira polos distintos locais na procura do imprescindible vermouth primaveral. Un ano máis, conforme á súa propia tradición, camarinas.eu asistío aos sacros actos da Festa de San Xurxo e publica a meirande reportaxe posible. Realmente, a única.




 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar