¡¡Volve o Camariñas Beauty!!
 A sección de camarinas.eu que fixo historia volve cunha nova beleza da máis espectacular sensualidade
Camariñas Beauty, a sección preferida con moita diferencia polos redactores de camarinas.eu, o maior certame de beleza da Costa da Morte que foi capaz de ter en vilo a todo un Concello (e máis alá), o conxunto de reportaxes que deixaron ao mundo boquiaberto ca beleza sensual dunha terra tradicionalmente caracterizada pola beleza das súas mulleres, volve. Co maior sixilo, dentro do meirande dos secretos, mentras o resto do planeta durmía, camarinas.eu levou a cabo un novo proxecto de Camariñas Beauty cuias fotos agardan baixo fortes medidas de seguridade o día histórico no que vexan a luz.
A elexida, unha xoven de espectacular beleza que a través dunhas fotos da maior calidade artística deixará abraiados aos miles de usuarios da web reina da Costa Atlántica. ¿O nome da elexida? Nin os peores e máis sanguinolentos esbirros do KGB ou dos servicios secretos da China comunista, baixo os máis terribles tormentos habidos e por haber, nos poderán arrincar unha palabra. ¿A data elexida para a publicación de tan impactante documento xornalístico? Pode ser esta semana, pode ser a seguinte, ¿quen sabe? Toca sufrir un pouquiño queridos usuarios. En fin, nada de políticas, nada de polémicas. Tan só a maior beleza. En estado puro.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
 Adriana Castiñeira Pérez, a sirena que xurdío dos mares
Camarinas.eu volve á carga coa terceira edición da sección preferida dos seus redactores, Camariñas Beauty. A fermosura elexida desta vez é Adriana Castiñeira Pérez, de 22 anos, a cal é obxecto dunha reportaxe fotográfica basada no concepto visual da portada do lexendario disco dos Roxy Music de 1975 "Siren", na que aparecía a coñecida modelo Jerry Hall (ex-esposa de Mick Jagger). Por eso o sábado 29 de decembro, o día da mítica cea de camarinas.eu, esta redacción desembarcou en Reira con todo o seu equipo fotográfico e unha auténtica modelo de Camariñas, Adriana, deixando boquiabertos e alucinados aos poucos veciños de Camariñas que alí estaban a pasar a tarde. Para ver a reportaxe sobre Adriana, a sirena que xurdío dos mares, pulsa na foto.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
 A lúa, testemuña muda na noite de Monte Branco do feitizo de María Belén
Camarinas.eu para facer que prevalezca a igualdade entre tódalas Camariñas Beauty procede a actualizar a reportaxe de María Belén con novas fotos e un vídeo impresionante na segunda edición da sección líder da web máis vista da Costa da Morte. E é que con mulleres tan fermosas como María non podía ser doutro modo: nesta reportaxe a súa beleza clásica, de canon grega resplandece ante o moribundo sol de Monte Branco. Para ver as novas fotos e o vídeo dunha das rapazas máis feiticeiras de Camariñas pulsa na foto.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
|
|
|