Inicio arrow Camariñas Beauty
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Guests: 47
Members: 2

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8852029
    A máis guapa de Camariñas
    Nova Camarinas Beauty 2009
    (245 votos)

    ¡¡Volve o Camariñas Beauty!!

    A sección de camarinas.eu que fixo historia volve cunha nova beleza da máis espectacular sensualidade
    A sección de camarinas.eu que fixo historia volve cunha nova beleza da máis espectacular sensualidade

    Camariñas Beauty, a sección preferida con moita diferencia polos redactores de camarinas.eu, o maior certame de beleza da Costa da Morte que foi capaz de ter en vilo a todo un Concello (e máis alá), o conxunto de reportaxes que deixaron ao mundo boquiaberto ca beleza sensual dunha terra tradicionalmente caracterizada pola beleza das súas mulleres, volve.  Co maior sixilo, dentro do meirande dos secretos, mentras o resto do planeta durmía, camarinas.eu levou a cabo un novo proxecto de Camariñas Beauty cuias fotos agardan baixo fortes medidas de seguridade o día histórico no que vexan a luz.

    A elexida, unha xoven de espectacular beleza que a través dunhas fotos da maior calidade artística deixará abraiados aos miles de usuarios da web reina da Costa Atlántica. ¿O nome da elexida? Nin os peores e máis sanguinolentos esbirros do KGB ou dos servicios secretos da China comunista, baixo os máis terribles tormentos habidos e por haber, nos poderán arrincar unha palabra. ¿A data elexida para a publicación de tan impactante documento xornalístico? Pode ser esta semana, pode ser a seguinte, ¿quen sabe? Toca sufrir un pouquiño queridos usuarios. En fin, nada de políticas, nada de polémicas. Tan só a maior beleza. En estado puro.

     
    Camariñas Beauty: Elizabeth Trillo de la Fuente
    (1911 votos)

    Elizabeth Trillo de la Fuente, a muller das pernas perfectas
    Elizabeth Trillo de la Fuente, a muller das pernas perfectas

    Camarinas.eu non podía olvidarse no Camariñas Beauty, o concurso de beleza que ten en vilo a toda a Costa da Morte, da nosa querida Ponte do Porto, unha vila célebre pola fermosura e gracia das súas mulleres, por esto mesmo trae ás súas páxinas a Elizabeth Trillo de la Fuente, Eli, unha xoven porteña de líneas perfectas e cara anxelical que será unha dura rival para as tres Beautys camariñanas anteriores. Pulsa na foto para ver a reportaxe de Eli, a muller de pernas perfectas e líneas lonxitudinais.

     
    Camariñas Beauty: Adriana Castiñeira Pérez
    (3413 votos)

    Adriana Castiñeira Pérez, a sirena que xurdío dos mares
    Adriana Castiñeira Pérez, a sirena que xurdío dos mares

    Camarinas.eu volve á carga coa terceira edición da sección preferida dos seus redactores, Camariñas Beauty. A fermosura elexida desta vez é Adriana Castiñeira Pérez, de 22 anos, a cal é obxecto dunha reportaxe fotográfica basada no concepto visual da portada do lexendario disco dos Roxy Music de 1975 "Siren", na que aparecía a coñecida modelo Jerry Hall (ex-esposa de Mick Jagger). Por eso o sábado 29 de decembro, o día da mítica cea de camarinas.eu, esta redacción desembarcou en Reira con todo o seu equipo fotográfico e unha auténtica modelo de Camariñas, Adriana, deixando boquiabertos e alucinados aos poucos veciños de Camariñas que alí estaban a pasar a tarde. Para ver a reportaxe sobre Adriana, a sirena que xurdío dos mares, pulsa na foto. 

     
    Camarinas Beauty: Maria Belen Carril Ageitos
    (3513 votos)

    A lúa, testemuña muda na noite de Monte Branco do feitizo de María Belén
    A lúa, testemuña muda na noite de Monte Branco do feitizo de María Belén

    Camarinas.eu para facer que prevalezca a igualdade entre tódalas Camariñas Beauty procede a actualizar a reportaxe de María Belén con novas fotos e un vídeo impresionante na segunda edición da sección líder da web máis vista da Costa da Morte. E é que con mulleres tan fermosas como María non podía ser doutro modo: nesta reportaxe a súa beleza clásica, de canon grega resplandece ante o moribundo sol de Monte Branco. Para ver as novas fotos e o vídeo dunha das rapazas máis feiticeiras de Camariñas pulsa na foto. 

     

    Nosos Patrocinadores

    Notas de prensa

    (06/03) Previa Porriño vs. Encaixe-Camariñas

    Nota de prensa que nos envían dende o Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e na que se nos desgrana polo miúdo o próximo partido que enfrontará as nosa...
    Ler todo ...

    (02/03) Nota para os traballadores da construccion

    O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesio...
    Ler todo ...

    (02/03) Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto

    O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto" ...
    Ler todo ...

    (22/02) Rasoeiro 32 - 19 Encaixe-Camarinas

    Nota de prensa enviada dende a dirección do CB Encaixe-Camariñas na que se nos informa sobre a derrota sofrida polo equipo camariñán este fin de semana polo equipo de O Gro...
    Ler todo ...

    (20/02) Presentacion do equipo de regatas do Club Nautico de Camariñas

     Nota de prensa remitida dende o CNC que nos conta como este sábado as 12:30 presentarase o seu equipo de regatas. ...
    Ler todo ...