|
 Soto pasa revista ao proceso de compra do Castelo e aclara dúbidas sobre o destino que lle ten preparado
Nestes últimos tempos cobrou actualidade na Vila de Camariñas un tema que levaba soterrado máis de cincuenta anos. Soterrado baixo ducias de toneladas de escombros que se foron depositando sucesivamente durante anos no seu recinto. Estamos a falar do Castelo do Soberano, a fortaleza militar construida en tempos do Rei Carlos III e que un día aciago o mesmo pobo camariñán decidío demoler para construir un porto máis seguro. Fortaleza que ven de ser adquirida por un sinxelo veciño da vila, hosteleiro de profesión e vello coñecedor do mundo da restauración de casas antigas, Juan José González Soto, que é obxecto dunha longa entrevista en profundidade en Claves, a sección de camarinas.eu de análise da realidade política, económica e social do Concello de Camariñas.
|
 Marisol, a camariñana que chegou ao Parlamento Autonómico obxecto da nova entrevista de Claves
Tras un longo período de tempo volve Claves, a sección de camarinas.eu para a análise obxectiva e independente da realidade sociopolítica do Concello de Camariñas e por extensión da Costa da Morte. A elexida para refundar unha sección que fixo historia cas súas catro primeiras edicións é nin máis nin menos que Marisol Soneira Tajes, a camariñana de Buría que chegou ao Parlamento de Galicia como deputada polo PSdeG-PSOE e que nunhas interesantísimas declaracións trata de explicar a derrota do bipartito nas eleccións do 1 de marzo, arremete duramente contra Alejandro Rodríguez, Alcalde de Vimianzo, e pasa revista a actualidade política do noso Concello.
|
 Desde a Barca, Camariñas vese como unha illa de beleza
Camarinas.eu naceu ca vontade de convertirse no voceiro mellor informado da Costa da Morte, no auténtico diario que propague a voz dos seus habitantes polo mundo adiante. Por iso non restrinxe a súa actuación só ao Concello de Camariñas, senón que ten intención de extender a súa actividade periodística a tódolos concellos que compoñen esa realidade xeográfica, cultural e social que é a Costa da Morte.
Na nosa primeira expedición extramuros do Concello de Camariñas, auténtico epicentro da nosa actividade, camarinas.eu recalou na veciña Muxía onde entrevistamos ao seu novo alcalde, o socialista Félix Porto, o cal comentou para os nosos lectores as suás primeiras impresións sobre o estado no que atopou o Concello de Muxía e sobre cales son as claves que deben impulsar a colaboración futura entre Camariñas e Muxía, dous concellos veciños e irmáns.
|
|
Camarinas.eu segue a
ofrecerlles aos seus lectores as impresións dos principais políticos
camariñáns. Esta semana a nosa xira detívose no lugar de Pedrouzo, na
parroquia de Xaviña, onde foi obxecto da entrevista da sección de
análise "Claves" Juan Bautista Santos Ramos, alcalde do Concello de
Camariñas entre 1983 e 2007.
Dende o seu retiro xaviñán Bautista pasou revista aos principais logros
e erros dos seus vintecatro anos de mandato, deixou claro que non
tolerará que se poña en dúbida o seu legado, e das súas declaracións
despréndese que as relacións ca actual executiva do PSOE de Camariñas
son correctas pero frías. Para ver as declaracións completas, pulsa na
imaxe.
|
|
Remarcando o carácter independiente, obxectivo e imparcial que define a camarinas.eu,
os redactores do principal diario on-line camariñán elexiron para a
segunda entrevista da sección de análise "Claves" ó Presidente do PP de
Camariñas, Daniel Rego González.
O líder da oposición municipal pasou revista a actualidade política do
Concello de Camariñas nunhas explosivas e contundentes declaracións,
nas que ademáis de axustar contas co anterior alcalde, Juan Bautista
Santos Ramos, deixa clara a súa vontade de permanecer como líder dos
populares Camariñáns ó menos catro anos máis. Para ver a entrevista,
pulsa na imaxe.
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 5 de 6 |